Lieders Futsal 4 - Vilasar CFS 3
No partido deste pasado sábado correspondente á xornada 11, as nosas
conseguiron 3 importantes puntos contra o Vilasar de Sarria nun partido
complicado que non se decidiu ata os minutos finais.
Un mal comezo
de partido, no que as nosas estaban moi desorganizadas en defensa e sen
ideas en ataque, permitiu que as visitantes se foran ao descanso con
vantaxe. O primeiro gol das sarrianas chegaba logo dun tropezo de Tucha
que deixaba á xogadora rival soa diante a nosa porteira ante
o que nada puido facer Isa. O segundo gol... Pouco antes de pasar polos
vestiarios Bea marcaba froito dunha xogada de estratexia.
Na
segunda metade viuse un partido moi diferente, o Lieders collía o
dominio do partido. O segundo gol das locais chegaba dos pes de Sandar
logo dun saque de esquina. As nosas seguían a gozar da posesión o que
lles permitía elaborar xogadas como a do terceiro, obra tamén de Sandar.
O Vilasar conseguía o empate a 2 minutos do final polo que as nosas
sacaban a porteira-xogadora aínda que sen resultados positivos. E cando
xa parecía que o partido acabaría en táboas, Sandar firmaría un
hat-trick que daría as nosas a victoria.
As nosas firman outro bo
resultado nesta segunda volta, a seguir así rapazas. E ao Vilasar
desexarlle o mellor nos partidos que restan. INSISTIR, PERSISTIR,
RESISTIR E NUNCA DESISTIR
