Lieders Futsal 4 - Monterroso Feminino 1
As nosas
xogadoras comezaron con boas sensacións e con bastante dominio sobre o
xogo. Aos 10 minutos Bea atopou un balón na fronte da área rival froito
da presión realizada e disparou ante a saída da gardarredes visitante
que a pesar de tocalo non foi quen de desvialo o suficiente. Despois
do gol aínda que as nosas mantiveron a posesión, non buscaban con
demasiada incidencia a portería rival, aspecto que mudou na segunda
metade onde as nosas aumentaron as diferentes, en primeiro lugar nunha
contra tras un roubo de Mini que salía con balón e que tras unha parede
con Bea chutou ao pau corto, ante o que nada puido facer a gardarredes
monterrosina. As visitantes acurtaron distancias común disparo na
frontal da área que ía moi axustado ao pau ante o que nada puido facer
Isa. O terceiro gol chegabas das zapatillas de Nuri, nunha das súas
especialidades, de saque de banda conseguía superar a todas as xogadoras
riais e colar o balón pola escuadra. Xa nos últimos minutos, con
porteira-xogadora, despois dunha perda, Sara presiona un balón que queda
solto para que Sandar chute e anote o derradeiro gol do partido.
Unha xornada mais, desexar sorte ao Monterroso FS no que resta de competición.
Antes de comezar o partido o equipo quixo dar forza y ánimo a nosa xogadora Coloccini Vazquez , que este mercores será intervida dunha operación de menisco. Así mesmo, gardouse un minuto de silencio polas víctimas do avión sinestrado en Colombia.
