Lieders Futsal 2 - Rábade Futsal 0

06.02.2017

Neste último partido, correspondente á xornada 14 da liga o equipo amosou un bo xogo colectivo fronte ao Rábade Futsal no que o equipo acadou unha nova victoria por 2 goles a 0.
Ao pouco de comezar o partido as nosas poñíanse por diante cun gol de estratexia, Marta ao saque dunha falta daba un pase a Bea que na frontal da área virábase para cun chute raso poñer o 1-0 no luminoso. As locais contaban con gran dominio no encontro e a pesar de contar con numerosas ocasións so marcarían un gol máis, que salía das botas de Mini que no rechace dun tiro anterior e vendo que a porteira estaba aínda no chan inventaba unha vaselina ante o que as xogadoras do Rábade nada puideron facer.
Xa na segunda metade, o encontro seguiría con dominio local pero na que as xogadoras se acomodaron un pouco e buscaban mais xogar o balón que procurar aumentar a diferencia no marcador. Nos últimos minutos, o equipo xogou de 5 para poder practicar esta maneira de xogar.
Sen máis, desexar moita sorte ao Rábade no que resta de competición.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar