Lieders Futsal 2 - Pastoricense Femenino 2
Este pasado sábado disputouse a xornada 18, a ultima da Liga. Visitaba o
Palomar o Pastoricense Femenino tras ser xunto o noso equipo un dos
mellores equipos da segunda volta.
O partido e o resultado deron
mostra do bo estado de ámbolos dous equipos. Os dous conxuntos tentaron
levar o peso do xogo, intentando aproveitar as súas posesións para crear
perigo nas areas rivais, onde as dúas porteiras fixeron un gran
traballo.
A igualdade reflexouse no marcador marchando o descanso
con empate a 1-1 (con gol de Sabela para o Lieders Futsal) e tras unha
segunda parte ca mesma igualdade no campo o encontro rematou con empate a
2-2 (gol de Sabela para o Lieders Futsal).
Felicitar o Pastoricense Femenino polo traballo realizado durante toda a Liga e desexarlles sorte para a Copa.
