Jornada 4 - Cidade de Lugo 3 - Lieders Futsal 7

08.11.2017

Jornada 4

A cuarta xornada disputada o pasado venres deixounos un resultado de Cidade de Lugo 3 - Lieders Futsal 7 (goles: Mini(2), Sara(2), Sabela(2), Armesto)

O partido comezou con bo ritmo e cos dous equipos asentándose na pista, cas nosas intentando levar o dominio do balón, pero o Cidade de Lugo na súa primeira ocasión poñía o 1-0 cun gran disparo dende lonxe. O equipo non se veu abaixo e no minuto seguinte Mini empataba o partido; a partir dese momento o dominio visitante foi moi notable, xerando moitas ocasións claras pero o gol resistíase por centímetros. No minuto 9 Mini volvía marcar poñendo un merecido 1-2 no marcador. Seguimos toda a primeira parte con dominio visitante, con moitas ocasións e facendo escaso o 1-2 co que chegabamos o descanso.

Na segunda metade o equipo saíu ca intención de seguir dominando o xogo e así ó facía, moitos minutos de posesión e moitas ocasións que a porteira rival atallaba. A falta de 10 minutos para o final chegaban uns minutos tolos do partido, en dúas xogadas case seguidas Sara facía dous goles e Sabela outro que nos distanciaban no marcador cun 1-5; pero dous erros propiciaron dous contragolpes claros que un gran equipo como o Cidade non desperdiciou e poñíanse 3-5. As nosas lonxe de poñerse nerviosas, nos seguintes dous minutos, fixeron dous goles obra de Sabela e Armesto que deixaban o marcador final no 3-7.

O equipo logrou repoñerse despois de dúas derrotas consecutivas e lograr ademais dun bo resultado boas sensacións e bo xogo.
Sen máis desexarlle ó Cidade de Lugo moita sorte para o resto da tempada.

#followthelieders

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar