Jornada 2 - UD Pastoricense 4 - Lieders Futsal 2

23.10.2017

Jornada 2

Este sábado o equipo disputaba a SEGUNDA xornada da liga, o resultado foi UD Pastoricense 4 - Lieders Futsal 2 (Goles: Tucha, Sabela)
O partido disputado no Pavillón de Pastoriza, foi un partido moi igualado no que nos enfrontamos a un dos favoritos desta liga, un partido dos que se goza tanto na cancha como na grada.
Nos primeiros 15 minutos do partido o equipo estivo a mercé do Pastoricense, que impuxo o seu xogo, no que as nosas non conseguían entrar permitindo crear ocasións que enseguida materializaron con goles nos minutos 5 e 12. As nosas trataron de reaccionar alternando algúns ataques con porteira-xogadora e conseguiron parar un pouco o dominio local, empezando a igualar o partido; o borde do descanso Tucha puxo o 2-1 no marcador, finalizando un magnifico ataque de 5 de todo o equipo.
A segunda metade comezou con mais ataques das nosas, impoñéndose no xogo e creando ocasións claras, no minuto 22 Sabela nunha gran xogada individual batía a portería local e poñía o 2-2 no marcador. O empate abriu o partido, os dous equipos foron a pola vitoria, vivíronse minutos de fútbol sala de calidade e de ocasións para ambos equipos. As nosas querían a vitoria e atacaron con porteira-xogadora creando boas ocasións pero os riscos clásicos deste ataque fixeron que nun roubo do Pastoricense marcasen o 3-2 e a falta de 3minutos para o remate co equipo xa volcado no campo local outro roubo acabou no definitivo 4-2.
Para rematar felicitar o UD Pastoricense pola vitoria e desexarlles moita sorte para os próximos partidos.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar