Jornada 1 - Lieders Futsal 8 - Monterroso FSF 1

16.10.2017

Xornada 1

Este sábado o equipo disputaba a primeira xornada da liga, o resultado foi Lieders Futsal 8 - Monterrroso FSF 1 (Goles: Sandar(3), Armesto(2), Guti, Sara e Nuri).

O partido disputado no Pavillón Municipal de deportes de Lugo, foi un encontro na que as nosas se impuxeron tanto en xogo como en resultado ó rival.

Dende o primeiro minuto o equipo levou o control do xogo, con posesións largas e con unha morea de ocasións que a porteira visitante atallaba constantemente, as visitantes intentaban aproveitar algún roubo e montar contragolpes pero sen inquietar a nosa porteira.

Mediada a primeira parte nun saque de banda Nuria de golpeo dende lonxe e conseguía bater a portería do Monterroso, aínda que poucos minutos despois as visitantes aproveitaban un erro en defensa para empatar o partido. O equipo non se veu abaixo polo empate, seguiu creando multitude de ocasións e pouco antes do descanso Sandar puxo o 2-1 co que os equipos se foron os vestiarios.

Na segunda metade as nosas saíron decididas a materializar, en forma de goles, a superioridade que había no xogo; e xa no primeiro minuto Sandar volveu marcar para poñer o 3-1. O equipo seguiu xogando un bo fútbol sala , creando ocasións e co paso dos minutos foron chegando os goles de Armesto, Sandar, Guti, Sara e Armesto de novo.

Dende o club desexarlle ó Monterroso FSF moita sorte para as seguintes xornadas de Liga.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar