CAMPIONAS DE COPA PROVINCIAL!!!!
CAMPEONAS!!!!
O pasado sábado o noso equipo proclamábase campión da Copa Provincial
para poñer o broche de ouro a unha gran tempada, a nosa primeira
tempada. En semifinais vencemos ó Burela por 4-2, con goles de Bea, Mini
e Nuri(2); o rival na final foi o Monterroso Feminino, o resultado foi
tamen un 4-2, con goles de Sandar, Nuri, Sabela e Armesto.
Acadar
este título non sería posible sen o traballo que fixeron todos e cada un
dos que forman parte deste club, desde as xogadoras que o sábado
saltaron á pista como as que estaban nas gradas, as que non puideron
asistir e aquelas que tiveron que abandonar o equipo ao longo da tempada
por diferentes motivos. Moita responsabilidade deste triunfo tena Rubén
Mouriz, o noso adestrador, que desde o primeiro día confiou en nos e
que traballou incansable durante todos estes meses para sacar o mellor
de cada xogadora; tamén agradecer a compañeiros e amigos de Rubén, como
Jose, Illi e Costoya que lle axudaron a el e a nos durante todo o ano. A
todos GRAZAS por defender ese escudo, GRAZAS por dar tanto de vos.
Agradecer tamén a todos os nosos patrocinadores e colaboradores, sen vos
todo sería infinitamente mais complicado. E un milleiro de GRAZAS a
todos os que nos apoiades, desde o primeiro día, que nos animastes a
seguir adiante.
Por último, felicitar ao Viveiro FSF, ao Burela FS e
ao Monterroso FS pola gran competición que fixeron e polos bos partidos
que realizaron o sábado
